Os
datos a consultar son:
Recontos
celulares. Os datos do reconto celular extráense
a partir da información facilitada polo Laboratorio sobre o reconto
de células somáticas no último control efectuado na explotación.
Indican o número de células, a media xeométrica e a puntuación
lineal de cada vaca. Están dispoñibles unha media de 3 días
despois do último control efectuado na
explotación.
Datos de producción. Os datos de producción aportan información sobre os
datos oficiais de
Control Leiteiro. En concreto sobre os Kg de leite, porcentaxes de
graxa, proteína e lactosa do último control, así como da producción
acumulada de cada vaca na presente lactación. Están
dispoñibles na rede entre 11 e 19 días despois do último control,
dependendo do día da semana en que se fixera este.
Os datos individuais de reconto
celular e de producción están a dispor dos
gandeiros que realizan o Control Leiteiro Oficial en Galicia, co fin
de facilitar a xestión técnico- económica da explotación.
Para calquera consulta,
póñase en contacto co seu AFRICOR ou co Servizo de
Producción Gandeira.
|